Aquí pode consultar diariamente as previsións informativas da Corporación Municipal (comparecencias, roldas de prensa...)

Previsións informativas para o sábado 8 de xuño

11.00 h
No CSC de Santa Marta, o concelleiro de Mobilidade, Convivencia e Centros Socioculturais, Xan Duro, asiste á apertura da feira de fanzines, dentro do programa FunFunFun de autoedición e banda deseñada independente.

19.30 h
No salón de actos do Pazo da Cultura de Pontevedra, a alcaldesa de Santiago, Goretti Sanmartín, recolle o premio Mil Primaveras ao programa ‘Elos, engánchate ao galego!’ do Departamento de Lingua do Concello.

20.30 h
Na Sala Mozart do Auditorio de Galicia, concerto ‘Cámara III’ das Xornadas de Música Contemporánea coa participación da Joven Orquesta Nacional de España (JONDE), o Trío Arbós e o clarinetista Joan Enric Lluna baixo a coordinación de Juan Carlos Garvayo. Pezas de Toshio Hokosawa, María José Arenas (estrea absoluta), Salvatore Sciarrino e Gerard Grisey. Antes do concerto, ás 19.30 horas, sesión de comentarios ao programa con Rosa Fernández, musicóloga. Acceso libre até completar capacidade.

Compartir: