Aquí pode consultar diariamente as previsións informativas da Corporación Municipal (comparecencias, roldas de prensa...)

Previsións informativas para o martes 4 de xuño

10.30 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da alcaldesa de Santiago, Goretti Sanmartín, e do concelleiro de Urbanismo, Iago Lestegás, sobre vivendas de uso turístico.

11.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da concelleira de Deportes, Pilar Lueiro, para presentar os Campionatos de España absolutos de Loitas Olímpicas. Tamén asistirán Pablo Pintos Figueiroa, director técnico da Federación, e Belisa González, responsable de Administración.

13.30 h
Na praza do Obradoiro (diante do Reitorado), a alcaldesa de Santiago, Goretti Sanmartín, visita a mesa petitoria da Asociación Española Contra o Cancro con motivo do Día da Cuestación.

16.30 h
Na sede da Casa das Asociacións de Benestar Social (CABES, rúa Manuel María, 6, Salgueiriños), xuntanza do Consello municipal de Saúde.

Compartir: