Aquí pode consultar diariamente as previsións informativas da Corporación Municipal (comparecencias, roldas de prensa...)

Previsións informativas para o venres 28 de xullo

9.00 h
No Salón Nobre, recepción á delegación de Federacións de Sindicatos da provincia chinesa de Zhejiang.

11.00 h
No Salón Nobre, acto institucional e lectura do manifesto con motivo do Día Internacional do Orgullo LGTBI 2024.

12.00 h
No Salón intermedio (a carón do Salón Vermello), a alcaldesa de Santiago, Goretti Sanmartín, e a concelleira de Capital Cultural, Míriam Louzao, dá conta do fallo do xurado do XVII Premio Internacional Compostela para Álbums Ilustrados.

13.00 h
Na igrexa de San Domingos de Bonaval, a alcaldesa de Santiago, Goretti Sanmartín, asiste ao acto de entrega das Medallas Castelao.

17.00 h
No Salón Nobre, recepción ás persoas solidarias coa poboación da Faixa de Gaza, pasaxe e tripulación do barco O Handala da Flotilla da Liberdade, que estará atracado no porto da Coruña.

Compartir: