Aquí pode consultar diariamente as previsións informativas da Corporación Municipal (comparecencias, roldas de prensa...)

Previsións informativas para o mércores 26 de xuño

9.30 h
No Hotel Monumento San Francisco, o concelleiro de Sustentabilidade Ambiental, Xesús Domínguez, participa na xornada "A sustentabilidade como desafío", organizada pola Universidade de Santiago de Compostela e o xornal El Correo Gallego.

12.00 h
Na Sede da Cámara de Comercio de Santiago (Rúa República Checa, 40), a alcaldesa de Santiago, Goretti Sanmartín, participa no acto de entrega do premio PEME do Ano da Coruña.

13.00 h
Na praza Roxa, a concelleira de Dereitos e Servizos Sociais, Promoción Económica e Xuventude, María Rozas, visita o Mercado das Alfaias.

Compartir: