Aquí pode consultar diariamente as previsións informativas da Corporación Municipal (comparecencias, roldas de prensa...)

Previsións informativas para o sábado 22 de xuño

10.45 h
No CSC de Santa Marta, a alcaldesa de Santiago, Goretti Sanmartín, saúda o cineasta Javier Larrauri, que participa nos actos de ‘Compostela Diversa’.
Compostela Diversa
11.00 h – 14.00 h No CSC de Santa Marta
CINEMA
‘Habitar’, curtametraxe de Anxos Fazáns
‘Testigos de un tiempo maldito’, de Javier Larrauri
COLOQUIO
Daniela Fernández e Javier Larrauri, director da película.

11.30 h
Na rúa Galeras, a alcaldesa de Santiago, Goretti Sanmartín, participa no acto de apertura da Casa das Máquinas. Programa:
11.30 h: charla coloquio sobre a vida e a historia do barrio do Sarela con Encarna Otero e Xoan Carmona
12.30 h: intervención do concelleiro de Centros Socioculturais, Xan Duro
12.35 h: intervención da alcaldesa, Goretti Sanmartín
12.45 h: actuación de Pistacatro

20.00 h
No Teatro Principal, a mestura de electrónica e jazz da formación galega Mel, liderada por Lucas de Centi e Sandra Pérez e acompañada nesta ocasión por Antía Muíño e Miguel Arribas, comparte escenario neste concerto coa electrónica experimental, o fado e a lírica da artista portugesa Susana Nunes ‘sús’.

Compartir: