Aquí pode consultar diariamente as previsións informativas da Corporación Municipal (comparecencias, roldas de prensa...)

Previsións informativas para o xoves 20 de xuño

11.00 h
En Lugo, a alcaldesa de Santiago, Goretti Sanmartín, participa na Comisión Executiva do Eixo Atlántico.

11.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da concelleira de Dereitos e Servizos Sociais, Promoción Económica e Xuventude, María Rozas, para presentar o "Mercado das Alfaias".

12.00 h
Na Alameda (Paseo dos Leóns), a concelleira de Dereitos e Servizos Sociais, María Rozas, preside o acto de celebración do Día das Persoas Refuxiadas, no que participarán representantes da Rede Galega de Persoas Refuxiadas dándolle lectura ao manifesto aprobado con motivo do 20 de xuño.

19.30 h
Na Biblioteca Ánxel Casal, a alcaldesa de Santiago, Goretti Sanmartín, asiste ao faladoiro ‘Persoas refuxiadas en Santiago de Compostela: a experiencia do colectivo LGBTI’, dentro do programa de actos de Compostela Diversa.

20.00 h
No Teatro Principal, a Banda Municipal de Música de Santiago de Compostela ofrece o concerto Dende a semente creativa, un programa con composicións de Xosé Carlos Seráns Olveira, Federico Mosquera, Fernando Ruibal e Juan Fernández Guzmán que contará coas intervencións do contrabaixista Antonio Romero Cienfuegos e do saxofonista Rafael Yebra. Integrado nas Xornadas de Música Contemporánea ‘Caleidoscopio’, o concerto é de balde previa retirada de convites.

Compartir: