Aquí pode consultar diariamente as previsións informativas da Corporación Municipal (comparecencias, roldas de prensa...)

Previsións informativas para o martes 18 de xuño

12.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do concelleiro de Centros Socioculturais, Xan Duro, para presentar o Fegateatro. Na rolda tamén participará a presidenta de Fegatea, Chelo Pampillón.

12.30 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da concelleira de Dereitos e Servizos Sociais, Promoción Económica e Xuventude, María Rozas, para presentar a X edición da Maker Faire Galicia. Na rolda tamén participarán Pablo Fernández, secretario xeral de Emprego e Relacións Laborais; Covadonga Toca, directora do Instituto Galego de Promoción Económica; Sara Castedo, xerente do centro comercial Área Central e Marcos Saavedra, co-organizador da Maker Faire Galicia.

Compartir: