Aquí pode consultar diariamente as previsións informativas da Corporación Municipal (comparecencias, roldas de prensa...)

Previsións informativas para o sábado 15 de xuño

11.30 h
A alcaldesa de Santiago, Goretti Sanmartín, participa na homenaxe "O Escritor/a na súa Terra - Letra E", que nesta XXX edición recae na figura de Euloxio R. Ruibal.
Programa:
11.30 h. No Parque de Galeras (cerca do parque infantil), descubrimento do monólito conmemorativo e plantación da árbore do autor, unha abeleira. Acceso libre para todo o público. Intervencións de:
- Goretti Sanmartín, alcaldesa
- Cesáreo Sánchez Iglesias, presidente da AELG
- Euloxio R. Ruibal
Pasarrúas ata o Teatro Principal
12.30 h. Acto de entrega da "Letra E". No Teatro Principal. Acceso libre para todo o público, ata completar capacidade do espazo. Intervencións de:
- Míriam Louzao, concelleira de Capital Cultural
- Lectura da concesión da Letra E, por Beatriz Maceda Abeleira, vicepresidenta da AELG.
- Cesáreo Sánchez Iglesias, presidente da AELG.
- Laudatio do autor, por Inma López Silva.
- Entrega da peza escultórica, elaborada por Soledad Penalta.
- Euloxio R. Ruibal. Intervención do homenaxeado

12.30 h
Na sede da Asociación Fonte da Virxe (rúa de Mondoñedo, A Barcia), a concelleira de Dereitos e Servizos Sociais, Promoción Económica e Xuventude, María Rozas, participa nos actos polo 30 aniversario da entidade.

14.00 h
No campo de fútbol de Villestro, a concelleira de Deportes, Pilar Lueiro, asiste à festa fin de tempada da S.D Villestro.

Compartir: