Aquí pode consultar diariamente as previsións informativas da Corporación Municipal (comparecencias, roldas de prensa...)

Previsións informativas para o xoves 13 de xuño

10.30 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da concelleira de Dereitos e Servizos Sociais, Promoción Económica e Xuventude, María Rozas, para presentar o XIII Encontro Artes Pola Integración. Na rolda tamén participarán a directora artística do programa, Carlota Pérez; o director xeral de Cultura da Xunta, Anxo Lorenzo; e a responsable de Cultura da Deputación da Coruña, Natividade González.

11.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA de presentación do XII Festival Atlántica de Narración Oral. Na rolda estarán:
Míriam Louzao, concelleira de Capital Cultural, Turismo, Educación e Memoria Histórica
Anxo Lorenzo, director xeral de Cultura da Xunta de Galicia
Natividade González, deputada de Cultura da Deputación da Coruña
Soledad Felloza, directora do Festival Atlántica

11.00 h
Na Coruña (no Museo Nacional de Ciencia e Tecnoloxía, MUNCYT), a alcaldesa de Santiago, Goretti Sanmartín, asiste ao acto de homenaxe aos delegados do Goberno en Galicia.

11.30 h
No Centro Xove de Creación Cultural da Almáciga, a concelleira de Dereitos e Servizos Sociais, Promoción Económica e Xuventude, María Rozas, participa na apertura da xornada "Demoday", na que se entregarán os premios do Concurso de Proxectos Cooperativistas no sector do Márketing Dixital.

16.30 h
Na sala circular do Auditorio de Galicia, a concelleira de Educación, Míriam Louzao, preside a sesión constitutiva do Consello municipal de Educación.

20.00 h
Na sede do Colexio de Médicos, a tenenta de alcaldesa, María Rozas, participa no acto de clausura do curso 2023-2024 da Academia Médico Cirúrxica

20.00 h
Na prazas das Praterías, a Banda Municipal de Música de Santiago de Compostela ofrece o concerto Dende a paisaxe lusitana, pertencente ao ciclo ‘Postais’. David Fiuza dirixe a formación nun programa arredor da tradición musical portuguesa con pezas de Duarte de Ferreira Pestana, José da Silva Marques, Manuel Inácio da Encarnação e João Carlos de Sousa Morais.

20.30 h
Na Sala Ángel Brage do Auditorio de Galicia, Baldur Brönnimann dirixe a Real Filharmonía de Galicia nun concerto especial para presentar as claves da nova tempada da orquestra. Ao remate do concerto, haberá un viño por cortesía de Galicia Calidade.

Compartir: