Aquí pode consultar diariamente as previsións informativas da Corporación Municipal (comparecencias, roldas de prensa...)

Previsións informativas para o mércores 12 de xuño

11.30 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da concelleira de Dereitos e Servizos Sociais, Promoción Económica e Xuventude, María Rozas, para presentar o evento ‘Sabor a novo’. Na rolda tamén estará a promotora, Mónica Mejías.

12.00 h
Na Praza do Obradoiro, minuto de silencio pola mulleres asasinadas en Barcelona e en Valencia o 7 de xuño vítimas de violencia machista.

17.45 h
No CSC José Saramago de Vite, o concelleiro de Mobilidade, Convivencia e Centros Socioculturais, Xan Duro, asiste aos actos con motivo do 25 aniversario da biblioteca José Saramago.

20.30 h
No CGAC, concerto do Ensemble Liberdade ao abeiro das Xornadas de Música Contemporáea 2024. Xacobe Martínez Antelo dirixe esta formación que conta con Manuel Cebrián, Rubén Fernández, Elena Vázquez, María José Pámpano, Macarena Montesinos, LAR Legido, Diego Alonso e Xosé Miguélez. Entrada libre até completar capacidade.

Compartir: