Aquí pode consultar diariamente as previsións informativas da Corporación Municipal (comparecencias, roldas de prensa...)

Previsións informativas para o martes 11 de xuño

11.30 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da concelleira de Deportes, Pilar Lueiro, para presentar o proxecto integral para a reforma do estadio Verónica Boquete.

12.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do concelleiro de Centros Socioculturais, Xan Duro, para presentar o programa ‘Vive o verán’.

18.30 h
En Zúrich, a alcaldesa de Santiago, Goretti Sanmartín, presenta a oferta turística do Grupo de Cidades Patrimonio da Humanidade de España, conxuntamente con Turespaña, a profesionais suizos do sector. (Enviarase nota e foto o mércores 12)

Compartir: