Aquí pode consultar diariamente as previsións informativas da Corporación Municipal (comparecencias, roldas de prensa...)

Previsións informativas para o venres 31 de maio

11.30 h
Na Praza do Obradoiro, a alcaldesa, Goretti Sanmartín, e o concelleiro de Mobilidade, Xan Duro, saúdan o alumnado que participa na Marcha Ciclista Escolar, organizada polo departamento de Educación Viaria da Policía Local

11.45 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da concelleira de Dereitos e Servizos Sociais, Promoción Económica e Xuventude, María Rozas, para presentar o evento Tattoo Expo Santiago. Na rolda tamén participarán o organizador da mostra, Miguel Rúa, e a xerente de Área Central, Sara Castedo. CANCELADA

12.15 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da alcaldesa Goretti Sanmartín sobre asuntos de carácter local.

20.00 h
No Estadio Abanca Balaídos de Vigo, a alcaldesa de Santiago, Goretti Sanmartín, asiste ao partido de fútbol que disputarán as seleccións absolutas de Galicia e Panamá.

Compartir: