Aquí pode consultar diariamente as previsións informativas da Corporación Municipal (comparecencias, roldas de prensa...)

Previsións informativas para o xoves 30 de maio

10.00 h
Pleno ordinario
Na Casa do Concello, sesión ordinaria do Pleno da Corporación coa seguinte orde do día:
NOTA: retransmitirase por streaming a través da páxina web municipal.
1. SECRETARÍA XERAL. Referencia: 2024/00023887J.
Aprobación, se procede, das actas correspondentes ás sesións ordinaria do 24 de abril e extraordinaria do 11 de maio, ambas do corrente ano 2024.
2. Declaración institucional de apoio ás persoas afectadas por ELA.
3. Declaración institucional de apoio ao Día do Orgullo LGBTI+2024.
4. EDUCACIÓN. Referencia: 2024/00022673H.
Resolución de discrepancia e aprobación do expediente de recoñecemento extraxudicial de crédito relativo ás facturas F/2023/2693 e F/2023/3102, do contrato "Servizo de asistencia nos procesos necesarios previos á liquidación dos prezos públicos ás persoas usuarias dos servizos xestionados desde o Departamento de Educación para a asistencia na resolución de incidencias que se produzan como consecuencia do proceso de liquidación".
5. EDUCACIÓN. Referencia: 2024/00045866P.
Resolución de discrepancia e aprobación do expediente de recoñecemento extraxudicial de crédito relativo á factura F/2023/3814, do contrato "Servizo de asistencia nos procesos necesarios previos á liquidación dos prezos públicos ás persoas usuarias dos servizos xestionados desde o Departamento de Educación para a asistencia na resolución de incidencias que se produzan como consecuencia do proceso de liquidación".
6. EDUCACIÓN. Referencia: 2024/00021115R.
Resolución de discrepancia e aprobación do expediente de recoñecemento extraxudicial de crédito relativo á factura F/2023/4722, do contrato "Servizo de asistencia nos procesos necesarios previos á liquidación dos prezos públicos ás persoas usuarias dos servizos xestionados desde o Departamento de Educación para a asistencia na resolución de incidencias que se produzan como consecuencia do proceso de liquidación".
7. EDUCACIÓN. Referencia: 2024/00017351D.
Resolución de discrepancia e aprobación do expediente de recoñecemento extraxudicial de crédito relativo á factura F/2024/1037, do contrato "Servizo de asistencia para a recollida, verificación e sistematización dos datos das persoas usuarias de servizos xestionados polo Departamento de Educación, co fin de simplificar os procesos de inscrición nas actividades e facilitar o tratamento posterior por parte dos servizos administrativos e económicos do Concello".
8. EDUCACIÓN. Referencia: 2024/00021322R.
Resolución de discrepancia e aprobación do expediente de recoñecemento extraxudicial de crédito relativo á factura F/2024/1505, do contrato "Servizo de asistencia para a recollida, verificación e sistematización dos datos das persoas usuarias de servizos xestionados polo Departamento de Educación, co fin de simplificar os procesos de inscrición nas actividades e facilitar o tratamento posterior por parte dos servizos administrativos e económicos do Concello".
9. ALCALDÍA. Referencia: 2024/00023496J.
Creación dunha comisión especial encargada de analizar a forma máis eficiente e sostible para a xestión do ciclo integral da auga no Concello de Santiago de Compostela.
10. XESTIÓN TRIBUTARIA. Referencia: 2021/17114Z.
Rectificación erro período concesión da bonificación do 25% no IBI prevista para inmobles das corporacións de dereito público nos que se desenvolvan actividades declaradas de especial interese ou utilidade municipal.
11. Proposición presentada polo grupo municipal do PP para a elaboración e posta en marcha dun plan municipal de infancia e adolescencia.
12. Proposición presentada polo grupo municipal do PP para a creación dunha campa de verán integrada para a conciliación familiar.
13. Proposición presentada polo grupo municipal do PSdeG-PSOE para posibilitar o anticipo das subvencións destinadas a entidades deportivas da nosa cidade.
14. Proposición presentada polo grupo municipal do PSdeG-PSOE para rematar a urbanización de varias rúas da nosa cidade.
15. SECRETARÍA XERAL. Referencia: 2024/00023887J.
Tomar coñecemento de resolución da alcaldía de delegación de atribucións.
16. SECRETARÍA XERAL. Referencia: 2024/00023887J.
Tomar coñecemento de resolucións da alcaldía, das concellarías delegadas e actas da Xunta de Goberno Local.
17. Rogos, preguntas e interpelacións.
Rogos:
1. Formulado polo PP para axilizar as tomas de posesión dos procesos de estabilización.
2. Formulado polo PSdeG-PSOE sobre o proceso de estabilización.
3. Formulado polo PSdeG-PSOE sobre o estado da Praza de San Roque.
4. Formulado polo PSdeG-PSOE sobre acondicionamento de parcelas xunta a carón dos CEIPS Ramón Cabanillas e Quiroga Palacios.
Preguntas orais:
1. Formulada polo PP sobre o plan de roza do concello.
2. Formulada polo PP sobre a financiación das obras dos pavillóns de Vite e Sta. Isabel.
3. Formulada polo PP en relación á tramitación de licenzas.
4. Formulada polo PSdeG-PSOE relativa á regularización de usos do Pazo de Raxoi.
5. Formulada polo PSdeG-PSOE sobre conciliación de vida laboral, familiar e persoal na ludoteca María Miramontes.
6. Formulada polo PSdeG-PSOE sobre os fogos do Apóstolo 24.
Preguntas escritas:
1. Formulada polo PP sobre solicitudes de bonificacións no IBI.
2. Formulada polo PP sobre bocas de incendios hai a disposición dos servizos de emerxencias.
3. Formulada polo PSdeG-PSOE en relación coas festas da Ascensión.
18. Toma en consideración de mocións presentadas polos grupos políticos municipais:
1. Presentada polo PP para solicitar a conmemoración do centenario da incorporación do Concello de Conxo ao Concello de Santiago de Compostela.
2. Presentada polo PP para o incremento en Santiago do número de efectivos de forzas e corpos de seguridade.
3. Presentada polo PP para instar a Deputación da Coruña a colaborar co Concello de Santiago mediante o servizo de teleasistencia domiciliaria.
4. Presentada polo PP para o deseño dun programa de muralismo municipal.
5. Presentada polo PSdeG-PSOE e PP para iniciar o procedemento de modificación do Regulamento de títulos, honras e condecoracións.
6. Presentada polo PSdeG-PSOE relativa á situación das familias ucraínas en Santiago.
7. Presentada polo PSdeG-PSOE para mellorar a situación das escolas unitaria do noso concello.

Compartir: