Aquí pode consultar diariamente as previsións informativas da Corporación Municipal (comparecencias, roldas de prensa...)

Previsións informativas para o mércores 28 de maio

10.30 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do concelleiro de Mobilidade, Convivencia e Centros Socioculturais, Xan Duro, para presentar a Semana da Prevención de Incendios. Na rolda tamén participará o xefe do Servizo Municipal de Extinción de Incendios, Manuel Sanmartín.

11.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da concelleira de Capital Cultural, Míriam Louzao, para presentar o programa completo do Festival de Lectura SELIC 2024. Na rolda tamén estará o seu director, Camilo Franco.

11.30 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da concelleira do grupo municipal socialista Mercedes Rosón sobre asuntos de carácter local.

12.00 h
Na sede de ACEM (Rúa Queixume dos pinos, 4, Salgueiriños), a concelleira de Dereitos e Servizos Sociais, María Rozas, e a concelleira de Deportes, Pilar Lueiro, participan na presentación da VII Carreira e Andaina solidarias pola esclerose múltiple de ACEM.

14.15 h
Na Alcaldía, a alcaldesa de Santiago, Goretti Sanmartín, reúnese co primeiro secretario da Embaixada de Palestina, Khaldun Almassri, e con Miguel Paz Cabo en representación do STEG.

16.30 h
No edificio CERSIA de San Lázaro, a concelleira de Dereitos e Servizos Sociais, María Rozas, participa no acto "Compostela co Sur Global", enmarcado no programa "Compostela Máis Solidaria" que impulsa a Coordinadora Galega de ONGDs, en colaboración coa UAMI.

19.00 h
No Hostal dos Reis Católicos, a alcaldesa de Santiago, Goretti Sanmartín, asiste ao acto de entrega do XIII Premio Internacional de Investigación Oncolóxica Científica e Técnica Ramiro Carregal e o V Premio a Talentos Emerxentes en Investigación Oncolóxica.

Compartir: