Aquí pode consultar diariamente as previsións informativas da Corporación Municipal (comparecencias, roldas de prensa...)

Previsións informativas para o martes 28 de maio

11.00 h
En Área Central, o concelleiro de Urbanismo, Iago Lestegás, asiste á mesa de diálogo organizada por EAPN Galicia, Rede Europea de Loita contra a Pobreza, no marco da presentación da mostra fotográfica itinerante "Emerxencia Vivenda: Polo dereito a unha vivenda digna, axeitada e accesible".

19.00 h
No Museo do Pobo Galego, presentación do libro "Andei por Santiago, pisando estrelas", coeditado polo Consorcio de Santiago con Teófilo Edicións. A publicación recolle unha escolma fotográfica da cidade compostelá que acompaña o poema "Andei por Santiago / pisando estrelas" da autora homenaxeada nas Letras Galegas deste 2024, Luísa Villalta.
Participarán na presentación: Goretti Sanmartín Rei, alcaldesa do Concello de Santiago e presidenta do Consorcio de Santiago; Susana Villalta Gómez, irmá da autora homenaxeada; José Luis Teófilo, director e editor en Teófilo Edicións; Concha Losada Vázquez, presidenta do padroado do Museo do Pobo Galego; e Belén Hernández Lafuente, xerente do Consorcio de Santiago.

Compartir: