Aquí pode consultar diariamente as previsións informativas da Corporación Municipal (comparecencias, roldas de prensa...)

Previsións informativas para o domingo 26 de maio

Festa do Banquete de Conxo
11.00 h
Na praza do Toural, arranque do desfile teatral do Banquete que rematará na carballeira de Conxo, onde se desenvolverán actividades ao longo do día.
12.45 h
Na praza de Conxo, pregón da Festa do Banquete a cargo de María Luisa López Otero, veciña de Marrozos.
14.15 h
Na carballeira de Conxo, recreación teatral do Banquete de Conxo a cargo dos Quinquilláns.
15.00 h
Na carballeira de Conxo, romaría popular.
19.30 h
Na carballeira de Conxo, pregón de peche da Festa do Banquete a cargo de Jaione Camborda.
Toda a programación:
http://santiagodecompostela.gal/imxd/noticias/doc/1715776797programa-reducido.jpg

Compartir: