Aquí pode consultar diariamente as previsións informativas da Corporación Municipal (comparecencias, roldas de prensa...)

Previsións informativas para o sábado 25 de maio

11.00 h
A alcaldesa de Santiago, Goretti Sanmartín, participa no paseo lingüístico ‘Compostela e as orixes da lingua’, unha andaina sobre as orixes de Santiago de Compostela e a súa
relación coa lingua galega, organizado polo Departamento de Lingua do Concello. Saída da praza da Pescadería Vella.

11.00 h
No auditorio do Museo do Pobo Galego, a concelleira de Capital Cultural, Míriam Louzao, asiste á asemblea xeral do Padroado do Museo do Pobo Galego.

12.00 h
Na Zona C, encontro ‘Xenealoxía e futuro das autoras de cómic’ coa xornalista e investigadora Elisa McCausland e con Neves Rodríguez, xornalista e coordinadora do programa ‘Mulleres en cadriños'. A sesión forma parte das actividades paralelas da exposición #Punctum. Beliscos de BD na arte contemporánea galega e o acceso é de balde até completar capacidade.

16.30 h
Na Zona C, obradoiro Ilustración con tecido e fío. Zarapelleiras conducida pola artista gráfica Bea Lema. Este taller con prazas para 25 persoas, e dirixido á rapazada de 10 anos en diante, é de balde previa reserva de praza até o 24 de maio no enderezo obradoiros.punctum@gmail.com. O obradoiro forma parte das actividades paralelas da exposición #PUNCTUM. Beliscos de BD na arte contemporánea galega e do programa ‘Mulleres e cadriños’.

18.00 h
No claustro do Hospital Psiquiátrico de Conxo, a alcaldesa de Santiago, Goretti Sanmartín, asiste á mesa redonda ‘Libros, mente e saúde’, dentro do programa do Banquete de Conxo.

20.30 h
No Teatro Principal, ButacaZero presenta Rapadas unha peza escrita e protagonizada por Esther F. Carrodeguas, con dirección de Xavier Castiñeira. O espectáculo forma parte do foco que Compostela Cultural dedica á dramaturga e actriz.

21.00 h
Na praza Aurelio Aguirre de Conxo, a alcaldesa de Santiago, Goretti Sanmartín, asiste á Festa da Poesía, dentro do programa do Banquete de Conxo.

Festa do Banquete de Conxo
http://santiagodecompostela.gal/imxd/noticias/doc/1715776797programa-reducido.jpg

Compartir: