Aquí pode consultar diariamente as previsións informativas da Corporación Municipal (comparecencias, roldas de prensa...)

Previsions informativas para o sábado 11 de maio

10.00 h
Pleno extraordinario
Na Casa do Concello, sesión extraordinaria do Pleno da Corporación coa seguinte orde do día:
1. SECRETARÍA XERAL. Referencia: 2024/00021368R.
Designación de membros para as mesas electorais con motivo das próximas eleccións ao Parlamento Europeo.

10.30 h
No MACE (Museo de Arte Contemporáneo de Eivissa), a alcaldesa de Santiago, Goretti Sanmartín, asiste á asemblea do Grupo de Cidades Patrimonio da Humanidade de España.

14.00 h
No Recinto Feiral de Amio. Festa dos Maiores, dentro das Festas da Ascensión.

17.30 h
En Angrois, a concelleira de Deportes, Pilar Lueiro, asiste á saída e á entrega de premios da CorreSAN Ruta de Prata.

19:00 h
No Teatro Principal, a tenenta de alcaldesa, María Rozas, e a concelleira de Capital Cultural, Míriam Louzao, participan na entrega de Premios Follas Novas do Libro Galego no Teatro Principal.

Compartir: