Aquí pode consultar diariamente as previsións informativas da Corporación Municipal (comparecencias, roldas de prensa...)

Previsions informativas para o venres 10 de maio

10.00 h
En Madrid (na sede do Ministerio de Economía), a alcaldesa de Santiago, Goretti Sanmartí, mantén unha xuntanza cos responsables dos Ministerios de Economía e Vivenda

11.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da concelleira de Dereitos e Servizos Sociais, Promoción Económica e Xuventude, María Rozas, sobre o Programa Integrado de Emprego. Na rolda tamén participará Rebeca Rodríguez, representante de Factoría F5.

11.00 h
Na sala de eventos do edificio Fontán na Cidade da Cultura, a concelleira de Deportes, Pilar Lueiro, participa na ROLDA DE PRENSA de presentación da X Carreira Camiño das Letras.

17.30 h
No concello de Ibiza/Eivissa, a alcaldesa de Santiago, Goretti Sanmartín, asiste á Comisión Executiva do Grupo de Cidades Patrimonio da Humanidade de España.

18.00 h
No Hostal dos Reis Católicos (Comedor Real), a tenenta de alcaldesa, María Rozas, participa na entrega dos Galardóns Profesionais Colexiados 2023 que organiza a Unión Profesional de Galicia.

Festas da Ascensión 2024
http://santiagodecompostela.gal/medi/Baners/programa_ascension.pdf

Compartir: