Aquí pode consultar diariamente as previsións informativas da Corporación Municipal (comparecencias, roldas de prensa...)

Previsións informativas para o martes 14 de febreiro

10.00 h
No Salón Nobre, o alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, participa na presentación do Plan de Sostenibilidade Turística (PSTD) da Vía Verde Compostela-Tambre- Lengüelle, xunto ao presidente da Deputación da Coruña, Valentín González Formoso; o delegado do Goberno en Galicia, José Miñones; o presidente da Asociación de Concellos da Vía Verde, Antonio Leira; e o deputado de Turismo, Xosé Regueira. Ao acto asistirán tamén os alcaldes dos municipios polos que discorre a Vía Verde, Juan Manuel Rodríguez (Cerceda), Antonio Pereira (Tordoia), José Luis Martínez (Ordes) e Luís Rey (Oroso).
Durante este acto informativo explicaranse tamén as novidades e avances con respecto ao novo tramo da Vía Verde desde Sigüeiro (Oroso) a Santiago de Compostela.

12.30 h
No Hotel Araguaney, a concelleira de Acción Cultural, Mercedes Rosón, asiste á presentación da conferencia de Marisol Soengas no ciclo "Mulleres na cima", organizado pola Fundación Araguaney en colaboración co Concello.

18.00 h
En Vite de Abaixo, o alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, reúnese coa Asociación de Veciños Monte de Deus.

Compartir: