Aquí pode consultar diariamente as previsións informativas da Corporación Municipal (comparecencias, roldas de prensa...)

Previsións informativas para o mércores 29 de novembro

10.00 h
Na Casa do Concello, recepción a responsables de Protección Civil das Illas Canarias que se atopan en Santiago para impartir unha charla sobre os danos provocados polos volcáns. Asisten Domingo José Hernández, coordinador de Servicios de Protección Civil de Los Llanos de Aridane; Santiago Carlos Martín, xefe da Agrupación de Voluntarios de Protección Civil de Santa Cruz de Tenerife; e Francisco Javier Martín Bello, xefe da Agrupación de Protección Civil de Tegueste.
A charla terá lugar o xoves 30 ás 19.30 h no edificio CERSIA de San Lázaro e é aberta ao público.

10.30 h
Na Casa do Concello (Salón Amarelo), a alcaldesa de Santiago, Goretti Sanmartín, e o reitor da USC, Antonio López, asinan o protocolo xeral de colaboración entre o Concello e a Universidade de Santiago de Compostela. Declaracións a continuación da sinatura.

11.15 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da concelleira de Dereitos e Servizos Sociais, María Rozas, para presentar as rutas saudables ‘En marcha contra o cancro’, organizadas pola Asociación Española contra o Cancro en Santiago. Asiste o presidente, da Xunta Local da asociación, Francisco Pais.

11.30 h
Na Casa do Concello, reunión coas asociacións de hostalería. Declaracións ao remate.

11.45 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da concelleira de Deportes, Pilar Lueiro, para presentar o Open Promesas Mireia Belmonte, que terá lugar o vindeiro sábado en Santa Isabel. Na rolda tamén estará o presidente do CDN Ciudad de Santiago, José Rioseco.

12.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA dos concelleiros do grupo municipal socialista Gonzalo Muíños e Mercedes Rosón sobre asuntos de carácter local.

20.30 h
Na sala Isaac Díaz Pardo do Auditorio de Galicia, inauguración da exposición do Décimo Terceiro Premio Auditorio de Galicia para Artistas Noveis, coa participación da alcaldesa, Goretti Sanmartín; a concelleira de Capital Cultural, Míriam Louzao; e o director-xerente do Auditorio de Galicia, Xaquín López, para alén do xurado dos premios e artistas participantes.

Compartir: