Aquí pode consultar diariamente as previsións informativas da Corporación Municipal (comparecencias, roldas de prensa...)

Previsións informativas para o martes 28 de novembro

11.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da concelleira de Capital Cultural, Míriam Louzao, para presentar o VI Concurso de Canto de Compostela Lírica e os 20 cantantes finalistas. Na rolda tamén estarán Anxo M. Lorenzo, director xeral de Cultura da Xunta de Galicia, e Jesús Couceiro, presidente da Asociación Amigos da Ópera de Santiago de Compostela.

11.30 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da concelleira María Rozas para presentar a programación de Nadal da Carpa Roxa.

12.30 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do concelleiro do grupo municipal popular Borja Rubio sobre asuntos de carácter local.

Compartir: