Aquí pode consultar diariamente as previsións informativas da Corporación Municipal (comparecencias, roldas de prensa...)

Previsións informativas para o martes 31 de outubro

10.00 h
No CERSIA, a concelleira de Promoción Económica, María Rozas, asiste á xornada final de ‘Vitamina B: a enerxía que o teu barrio necesita’, do programa ‘Aposta por ti, aposta pola túa veciñanza’.

11.00 h
No Hotel NH Obradoiro, a alcaldesa de Santiago, Goretti Sanmartín, participa no ‘Foro Conversa: cara a un turismo consciente’, organizado por Radio Galicia-Cadena SER. Ás 12.00 h, a concelleira de Turismo, Míriam Louzao, participa na mesa sobre a taxa turística.

11.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do concelleiro do grupo municipal popular José Ramón de la Fuente sobre asuntos de carácter local.

11.30 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do concelleiro de Centros Socioculturais, Xan Duro, para presentar a nova programación do CSC Maruxa e Coralia.

12.15 h
Na sede da Consellería de Sanidade, o concelleiro Iago Lestegás asiste ao acto con motivo do Día Galego sen Tabaco.

A partir das 18.00 h
Na rúa Clara Campoamor (praza da Intermodal), evento para a veciñanza con concerto e magosto, no marco da Estratexia de Desenvolvemento Urbano Sostible e Integrado (EDUSI).

De 10 a 14 horas e de 16 a 20 horas
Na Sala Isaac Díaz Pardo do Auditorio de Galicia, exposición '1984.Unha xenealoxía feminista da arte urbana galega'. Con acceso de balde.

Compartir: