Aquí pode consultar diariamente as previsións informativas da Corporación Municipal (comparecencias, roldas de prensa...)

Previsións informativas para o sábado 28 de outubro

11.00 h
No Instituto de Estudos Galegos Padre Sarmiento, a alcaldesa de Santiago, Goretti Sanmartín, asiste ao acto de entrega da medalla de honra da Real Academia Galega de Belas Artes á Fundación Catedral.

13.00 h
No Centro Xove da Almáciga, a concelleira de Xuventude, María Rozas, e o concelleiro de Centros Socioculturais, Xan Duro, participan na clausura da Academia Maker.

20.30 h
No Salón Teatro, a alcaldesa de Santiago, Goretti Sanmartín, asiste á Gala Final do Premio Narf,

21.00 h
No Teatro Principal, proxección do filme O Caftán Azul (Le Bleu du Caftan) ao abeiro do Festival Amal

Compartir: