Aquí pode consultar diariamente as previsións informativas da Corporación Municipal (comparecencias, roldas de prensa...)

Previsións informativas para o mércores 25 de outubro

10.00 h
Na Facultade de Ciencias Económicas, a concelleira de Dereitos e Servizos Sociais, Promoción Económica e Xuventude, María Rozas, participa no encontro Universidade-Empresa sobre Economía Circular "WAS Circulamos".

11.15 h
Na Casa do Cabido, a alcaldesa de Santiago, Goretti Sanmartín, asiste á celebración do Día de Lorca en Galicia.
1ª parte. Recital dos Seis poemas galegos
2ª parte: Ofrenda floral na Alameda (sobre as 11.45 h).

12.30 h
Na Facultade de Ciencias Económicas, a alcaldesa de Santiago, Goretti Sanmartín, inaugura a V Feira de Emprendedoras de Compostela: Economía Circular, Economía para a Cidadanía.

18.30 h
A alcaldesa de Santiago, Goretti Sanmartín, visita a Escola Municipal de Música de Santiago xunto coa concelleira de Educación, Míriam Louzao (Finca Vista Alegre. Rúa Salvadas, s/n).

21.00 h
No Teatro Principal, proxección do filme Entre as figueiras (Taht alshajra) ao abeiro do Festival Amal.

Compartir: