Aquí pode consultar diariamente as previsións informativas da Corporación Municipal (comparecencias, roldas de prensa...)

Previsións informativas para o sábado 21 de outubro

12.00 h
No local social de Santa María de Cesar, a alcaldesa de Santiago, Goretti Sanmartín, asiste ao acto de homenaxe a Marcial Prado Rial, organizado pola Asociación de Veciños de Zezar.

18.00 h
A alcaldesa de Santiago, Goretti Sanmartín, participa no roteiro organizado polo Concello con motivo do centenario do Seminario de Estudos Galegos. Saída da rúa Concepción Arenal, 10. Haberá outro pase o domingo 22 á mesma hora.

20.30 h
No Teatro Principal, representación de Flores de Ferro, montaxe teatral creada e dirixida pola Escola de Teatro Melandrainas.

Compartir: