Aquí pode consultar diariamente as previsións informativas da Corporación Municipal (comparecencias, roldas de prensa...)

Previsións informativas para o mércores 18 de outubro

11.00 h
Na Zona C (praza de Cervantes), ROLDA DE PRENSA da concelleira de Capital Cultural, Míriam Louzao, para presentar o libro 'Sem grana e sem frescura’, de Constance Hurlé, resultante da primeira residencia literaria que concorreu á convocatoria de intervencións artísticas para este espazo, na modalidade de proxectos de creación literaria. Na presentación tamén estará a autora e o director-xerente do Auditorio de Galicia, Xaquín López.

11.30 h
No Salón Verde, Xunta Local de Seguridade, coa presenza da alcaldesa de Santiago, Goretti Sanmartín; do concelleiro de Mobilidade, Xan Duro; e da subdelegada do Goberno na Coruña, María Rivas. (Declaracións ao remate: 12.30 h aprox)

Compartir: