Aquí pode consultar diariamente as previsións informativas da Corporación Municipal (comparecencias, roldas de prensa...)

Previsións informativas para o martes 17 de outubro

10.30 h
Na Alcaldía, a alcaldesa de Santiago, Goretti Sanmartín, reúnese con Unión Hotelera. (SÓ GRÁFICOS. Enviarase nota e foto)

11.45 h
No Salón Nobre, recepción ao embaixador de Malta en España, Daniel Azzopardi, acompañado polo cónsul honorario de Malta en Galicia, Gabriel Baltar Giraud.

12.15 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do concelleiro de Mobilidade, Convivencia e Centros Socioculturais, Xan Duro, sobre asuntos da súa área.

13.00 h
No Museo do Pobo Galego, a concelleira de Capital Cultural, Míriam Louzao, asiste á inauguración de ‘O futuro dun legado. O museo de Galicia’, unha mostra/intervención coa que o Museo do Pobo Galego honra o centenario da creación do Seminario de Estudos Galegos.

18.00 h
Na Alcaldía, a alcaldesa de Santiago, Goretti Sanmartín, reúnese coa Asociación Veciñal Río Sarela de San Lourenzo.

Compartir: