Aquí pode consultar diariamente as previsións informativas da Corporación Municipal (comparecencias, roldas de prensa...)

Previsións informativas para o mércores 11 de outubro

8.30 h
Pleno extraordinario
Na Casa do Concello, sesión extraordinaria do Pleno da Corporación coa seguinte orde do día:
NOTA: retransmitirase por streaming a través da páxina web municipal
1. SECRETARÍA XERAL. Referencia: 2023/00042113G.
Ratificación da urxencia da sesión.
2. PLANEAMENTO. Referencia: 2022/00042695S.
Aprobación definitiva do Plan especial de infraestruturas e dotacións (PEID) para a creación dunha plataforma loxística de intercambio de mercadorías no sistema xeral SU-3 (Tambre Norte).
3. OFICINA ORZAMENTARIA E CONTABILIDADE. Referencia: 2023/00033906P.
Aprobación da Conta xeral do ano 2022.
4. OFICINA ORZAMENTARIA E CONTABILIDADE. Referencia: 2023/00040638R.
Aprobación do expediente de crédito extraordinario núm. 2023-CREXT-07 de importe de 12.000,00 euros financiado con baixas por anulación e de modificación de subvención nominativa do exercicio de 2023.
5. SERVIZOS BÁSICOS. Referencia: 2023/00040834J.
Ratificación do acordo da Xunta de goberno local "Bonificación canon 2023 Sogama".

10.15 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do concelleiro de Convivencia, Xan Duro, para presentar a Semana da Prevención de Incendios, organizada polo Concello en colaboración coa Fundación Mapfre e a Asociación Profesional de Técnicos de Bombeiros. Na rolda tamén estarán Manuel Sanmartín, xefe do Servizo de Extinción de Incendios e Salvamento do Concello; Francisco Javier Barreiro, representante da Fundación MAPFRE; e Juan José Muñoz, secretario da delegación da APTB.

10.30 h
Na Alcaldía, a alcaldesa de Santiago, Goretti Sanmartín, reúnese coa Asociación Área Empresarial do Tambre. SÓ GRÁFICOS.

11.00 h
No Hostal dos Reis Católicos, a concelleira de Capital Cultural, Míriam Louzao, participa na ROLDA DE PRENSA de presentación de Fairway 2023, V Foro do Camiño de Santiago.

11.45 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da concelleira do grupo municipal popular Rosario Ferreiro sobre asuntos de carácter local.

12.00 h
Na Pontepedriña, o concelleiro de Sustentabilidade Ambiental e Obras, Xesús Domínguez, asiste ao acto de recepción do parque infantil da praza de León. SÓ GRÁFICOS.

12.30 h
No Hotel Araguaney, a concelleira de Capital Cultural, Míriam Louzao, participa na ROLDA DE PRENSA de presentación da Semana de Cine Euroárabe AMAL 2023.

13.30 h
No Pazo de Fonseca, a concelleira de Capital Cultural, Míriam Louzao, asiste ao acto de descubrimento dunha placa con motivo do centenario do Seminario Estudos Galegos

20.30 h
No Auditorio de Galicia, concerto ‘Mozart ao teu carón’ ao abeiro do Ciclo de Lied que se realiza en colaboración coa Asociación de Amigos da Ópera de Santiago. Andreas Heise é o coreógrafo e director deste recital que contará coa voz da soprano Julian Banse, coa actuación ao piano de Alexander Krichel e a danza do bailarín István Simon. Como antesala ao concerto, a musicóloga Teresa Adrán participará nunha sesión ‘Conversando con…." aberta ao público que se desenvolverá na Sala Mozart a partir das 19.00 horas.

Compartir: