Aquí pode consultar diariamente as previsións informativas da Corporación Municipal (comparecencias, roldas de prensa...)

Previsións informativas para o martes 10 de outubro

10.30 h
Na Praza de Abastos (aula de cociña), a concelleira de Dereitos e Servizos Sociais, Promoción Económica e Xuventude, María Rozas, inaugura o programa de Emprego "APPVENTURERS". No acto tamén participará o delegado territorial da Xunta na Coruña, Gonzalo Trenor.

11.00 h
Na Praza Roxa, o concelleiro Xesús Domínguez, asiste ao acto con motivo do Día Mundial da Visión, organizado polo Colexio de Ópticos Optometristas de Galicia.

11.00 h
No Salón Nobre de Fonseca, a alcaldesa de Santiago, Goretti Sanmartín, participa no acto "Día da Galeguidade Empresarial. 30 aniversario da galeguización da empresa Castromil", que organiza o Foro Enrique Peinador.

13.15 h
Na praza da estación Intermodal, rúa Clara Campoamor, a alcaldesa de Santiago, Goretti Sanmartín, participa no acto de descubrimento dun busto en homenaxe a Ramón Castromil Ventureira. Este acto encádrase no marco do "Día da Galeguidade Empresarial. 30 aniversario da galeguización da empresa Castromil", que organiza o Foro Enrique Peinador, coa colaboración do Concello de Santiago e da Secretaría Xeral de Política Lingüística.

19.00 h
Na Fundación Granell, a concelleira de Capital Cultural, Míriam Louzao, participa na inauguración da exposición "A escena do xogo. Eugenio Granell".

20.30 h
No Auditorio de Galicia, Gala Ari(t)mar Galiza e Portugal, coa participación das e dos artistas e colectivos premiados nesta edición do certame: Fillas de Cassandra, Retimbrar, Arancha Nogueira, María isabel Fidalgo e unha representación da Associação José Afonso (AJA) e da AJA-Galiza. Asiste a alcaldesa de Santiago, Goretti Sanmartín.

Compartir: