Aquí pode consultar diariamente as previsións informativas da Corporación Municipal (comparecencias, roldas de prensa...)

Previsións informativas para o venres 15 de maio

11.30 h
Reunión telemática do delegado do Goberno en Galicia, Javier Losada, e do alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, para avaliar medidas e acordos de goberno en relación ao Xacobeo 2021. Enviarase nota e foto.

12.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, sobre asuntos de carácter local.
NOTA: retransmitirase por streaming a través da páxina web municipal.

12.30 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da concelleira de Acción Cultural, Mercedes Rosón, para presentar o libro "A derrota do Scórpio. Un paseo por Santiago con Ricardo Carvalho Calero". Na rolda tamén estará Óscar Senra, de MAOS Innovación Social.
NOTA: retransmitirase por streaming a través da páxina web municipal.

20.00 h
As Letras na casa
Intervención de María Lado, poeta, escritora, actriz, guionista e directora teatral a través da web municipal. As Letras na casa é a proposta da Concellaría de Centros Socioculturais para celebrar o Dia das Letras Galegas, con 5 pequenas accións culturais diferentes da man de contadoras, poetas, contacontos, actrices e músicos e que se emitirán cada día, do mércores 13 ao domingo 17, ás 20:00 h a través da web www.santiagodecompostela.gal.

Compartir: