Previsións informativas para o luns 9 de novembro
9.00 h
Pleno extraordinario
Na Casa do Concello, sesión extraordinaria do Pleno da Corporación coa seguinte orde do día:
Punto único: Proposta da concelleira delegada de economía e facenda relativa á aprobación da modificación da ordenanza fiscal, núm. 3.24
NOTA: retransmitirase por streaming a través da páxina web municipal.
11.30 h
Na Casa do Concello, o alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, asina o convenio de colaboración co IES Rosalía de Castro para o financiamento do Bacharelato Internacional.
12.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, para dar conta dos asuntos tratados na Xunta de Goberno local.
NOTA: retransmitirase por streaming a través da páxina web municipal.
15.00 h
O alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, participa na xuntanza telemática da Asemblea xeral de Cidades Atlánticas.
19.30 h
Na Casa do Concello, o alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, reúnese coa Asociación de veciños das Cancelas.
34ª edición de Cineuropa
En varios espazos da cidade. Consultar programación en cineuropa.gal