Aquí pode consultar diariamente as previsións informativas da Corporación Municipal (comparecencias, roldas de prensa...)

Previsións informativas para o venres 27 de setembro

10.00 h
No Hotel Hesperia Peregrino, o alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, participa na xornada "Transición enerxética nas cidades", xunto cos rexedores de Lugo, Pontevedra, Ourense e Ferrol, organizada pola Asociación Nacional de Produtores de Enerxía Fotovoltaica (ANPIER) e a Fundación Renovables.

11.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do voceiro de Compostela Aberta, Martiño Noriega, sobre asuntos de carácter local.

11.30 h
No Salón Verde, o alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, preside a reunión de coordinación do proxecto Smartiago. SÓ GRÁFICOS.

11.35 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA, da concelleira de Deportes, Esther Pedrosa, para presentar a Festa do Deporte 2019.

12.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, para falar sobre o proxecto Smartiago. Na rolda tamén estará o conselleiro delegado da empresa Silo (Science & Innovation Link Office), Antonio López, responsable da Área de Sector Público da empresa Silo.

13.00 h
No Salón Nobre do Pazo de Raxoi, recepción a FEAFES (Federación de Asociacións de Familiares e Persoas con Enfermidade Mental de Galicia) tras percorrer parte do Camiño Francés.

Compartir: