Aquí pode consultar diariamente as previsións informativas da Corporación Municipal (comparecencias, roldas de prensa...)

Previsións informativas para o martes 24 de setembro

9.00 h
No Hotel Puerta del Camino, o alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, asiste ao almorzo de traballo organizado pola Asociación Galega de Inmobiliarias, AGALIN.

10.00 h
A concelleira de Educación, Noa Díaz, visita as escolas infantís municipais con motivo do inicio do curso. Punto de encontro: Escola Infantil Municipal de Fontiñas.

11.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do concelleiro de Centros Socioculturais, Javier Fernández, para presentar a V edición do programa "12 doces de outono". Na rolda tamén estarán Emi Candal, da cooperativa Urdime, e os artistas Atenea García, Paula Carballeira e Xoán Curiel.

11.30 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do concelleiro de Medio Rural, José Manuel Pichel, e do director de FicRural, Aser Álvarez, para presentar o Foro Internacional da Economía e da Cultura Rural, que se celebra do 26 ao 28 de setembro na Fundación Laboral da Construción.

17.30 h
Na Casa do Concello, o alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, recibe o embaixador da República Federal de Alemaña en España, Wolfgang Dold.

Compartir: