Aquí pode consultar diariamente as previsións informativas da Corporación Municipal (comparecencias, roldas de prensa...)

Previsións informativas para o sábado 21 de setembro

11.30 h
No Pazo da Cultura de Pontevedra, a concelleira de Políticas Lingüísticas, Noa Díaz, asiste ao acto de entrega dos I Premios Mil Primaveras, no que o Concello de Santiago foi premiado pola súa coparticipación no proxecto Youtubeir@s. Os premios son convocados pola Coordinadora de Traballadores/as de Normalización da Lingua (CTNL).

12.30 h
No Salón Amarelo do Pazo de Raxoi, recepción a unha delegación do Comité Europeo de Sanidade Militar.

13.00 h
Na praza do Obradoiro, o alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, asiste á IX Concentración de coches clásicos organizada por Compostela Monumental.

16.00 h
Na Casa das Asociacións de Cornes, a concelleira de Igualdade, Noa Díaz, participa no 2º Encontro "A Axenda Feminista Galega: 4ª Ola".

20.30 h
No Hotel Monumento San Francisco, o alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, asiste á gala conmemorativa do XXV aniversario da Asociación Galega de Axuda aos Enfermos con Demencia tipo Alzheimer (AGADEA).

22.30 h
Na praza do Obradoiro, saída da CorreSan Nocturna, a primeira proba da VIII edición do Circuíto de Carreiras Saudables de Santiago.

SEMANA DO PATRIMONIO INVISIBLE
19.00 h
En San Martiño Pinario, "Conversas no Claustro" con Ángel Rosado, xerente do Grupo de Cidades Patrimonio de España; Belén Hernández, xerente do Consorcio de Santiago; e David Barreiro, investigador do INCIPIT-CSIC; moderados pola concelleira de Acción Cultural, Mercedes Rosón. Falarán sobre os retos das cidades patrimonio para o ano 2020 nun evento enmarcado dentro da Noite do Patrimonio, actividade conxunta das cidades españolas Patrimonio da Humanidade.
22.00 h
Na praza da Quintana, Cláudia Dias presenta "SEGUNDA-FEIRA: ATENÇÃO À DIREITA", espectáculo de danza contemporánea, enmarcado dentro da Noite do Patrimonio, actividade conxunta das cidades españolas Patrimonio da Humanidade.
Varios lugares e horas
Dende as 12:00 h e ata ás 18:00 h, Visitas Guiadas a diferentes espazos da cidade. Ás 20:00 e 20:45 h, as visitas a San Martiño Pinario enmarcadas dentro da Noite do Patrimonio.

Compartir: