Aquí pode consultar diariamente as previsións informativas da Corporación Municipal (comparecencias, roldas de prensa...)

Previsións informativas para o martes 17 de setembro

9.00 h
En Sevilla (Fundación Cajasol), a concelleira de Acción Cultural, Mercedes Rosón, participa na mesa redonda "Desenvolvemento produtivo con inclusión: o rol das industrias creativas e culturais na economía local", que se celebra no marco do IV Foro Iberoamericano de alcaldes: patrimonio vivo".

10.45 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da concelleira de Compostela Aberta Marta Lois sobre asuntos de carácter local.

11.15 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do concelleiro de Centros Socioculturais, Javier Fernández, para presentar as actividades das aulas de lectura e as aulas de xogos da rede de centros.

11.45 h
No Salón Nobre do Pazo de Raxoi, recepción a Néstor Valle, Álvaro Recio e Adrián Rodríguez, xogadores do Santiago Futsal que o pasado sábado, 14 de setembro, quedaron campións de Europa coa Selección Española Sub19.

12.00 h
Na Praza do Obradoiro, minuto de silencio polas tres mulleres asasinadas en Valga.

Compartir: