Aquí pode consultar diariamente as previsións informativas da Corporación Municipal (comparecencias, roldas de prensa...)

Previsións informativas para o mércores 11 de setembro

10.00 h
No CEIP Quiroga Palacios, o alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, e a concelleira de Educación, Noa Díaz, inauguran o curso escolar.

11.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da concelleira de Acción Cultural, Mercedes Rosón, e de César Abella, director de Trivium, para presentar a Semana do Patrimonio Invisible, que se celebra na cidade do 18 ao 22 deste mes.

11.30 h
Na Alcaldía, o alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, recibe o presidente da Asociación Provincial de Promotores Inmobiliarios da Coruña (Aproinco), Ángel Jove.

11.35 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da concelleira Noa Díaz para presentar o III Torneo de Xadrez Cidade de Santiago, que terá lugar en Área Central o 14 de setembro. Tamén asisten Félix Portugal e Nicolás Cereijo, da Escola de Xadrez Compostela, organizadora do evento, e Sara Castedo, adxunta á xerencia de Área Central.

Compartir: