Aquí pode consultar diariamente as previsións informativas da Corporación Municipal (comparecencias, roldas de prensa...)

Previsións informativas para o domingo 30 de decembro

11.00 h
Traslación 2018
Ofrenda da Traslación dos Restos do Apóstolo Santiago.
Delegado rexio: Miguel Santalices, presidente do Parlamento de Galicia.
11.00 h.- Entrada da forza na praza do Obradoiro.
11.20 h.- Chegada do delegado rexio á praza do Obradoiro.
11.35 h.- Entrada na Catedral e comezo da cerimonia relixiosa.
13.10 h (aprox).- Recepción no Pazo de Raxoi.

18.00 h
Os grupos Colexiata do Sar e Cantigas e Agarimos percorrerán a cidade facendo cantos de Nadal, atopándose finalmente na praza do Toural para unha última cantada conxunta, dentro do ciclo "As raíces na pedra".

18.30 h
No Teatro Principal, Tanxarina presenta "A Galiña Azul" para nenos e nenas a partir dos 5 anos.

19.30 h
Na piscina de Santa Isabel, a concelleira de Deporte, Noa Morales, asiste á entrega de premios do Campionato Galego Absoluto de Natación.

Compartir: