Aquí pode consultar diariamente as previsións informativas da Corporación Municipal (comparecencias, roldas de prensa...)

Previsións informativas para o mércores 19 de decembro

10.30 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do alcalde de Santiago, Martiño Noriega, para presentar a Festa do Apego.

11.45 h
No Recinto Feiral de Amio, a concelleira de Igualdade, Desenvolvemento Económico e Turismo, Marta Lois, e o concelleiro de Medio Rural, Mantemento e Obras para o Equilibrio Territorial, Rafael Peña, asisten á presentación da edición multimedia de "Galicia en la memoria", unha escolma de fondos fotográficos e cinematográficos de Galicia da Mediateca do Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación de entre os anos 1934 e 1989, e á inauguración da exposición fotográfica "Anacos do rural de Compostela e A Coruña".

20.00 h
No Teatro Principal, A Berberecheira presenta "Salvador", de Borja Fernández e Laura Iturralde, dentro do FestAlegre.

20.30 h
Na Casa do Concello, recepción cidadá de Nadal.

Compartir: