Previsións informativas para o martes 18 de decembro
10.30 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da voceira do grupo municipal do BNG, Goretti Sanmartín, sobre asuntos de carácter local.
11.00 h
No Museo das Peregrinacións, a concelleira de Acción Cultural, Branca Novoneyra, participa na presentación de "Proxecta. Coordinadora Galega de Festivais de Cinema".
11.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do voceiro do grupo municipal socialista, Paco Reyes, sobre asuntos de carácter local.
11.30 h
Na avenida de Castelao, 48, a concelleira de Políticas Sociais, Diversidades, Saúde e Centros Cívicos, Concha Fernández, asiste á inauguración do centro ASPERGA.
11.30 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do concelleiro de Medio Rural, Mantemento e Obras para o Equilibrio Territorial, Rafael Peña, sobre asuntos da súa área.
12.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da concelleira de Acción Cultural, Branca Novoneyra, para presentar as accións de rúa vinculadas ao proxecto "Mutacións Urbanas. Visibilizando o invisible". Na rolda tamén participarán Clara Cordeiro, coordinadora do proxecto, e Goretti Sanmartín, vicepresidenta da Deputación da Coruña.
12.00 h
En Don Bosco, ROLDA DE PRENSA da concelleira de Deporte, Noa Morales, para presentar o XII Torneo de Nadal Operación Quilo, organizado pola Agrupación de Deportistas Veteranos Santiago coa colaboración do Santiago Futsal. Na rolda estará o presidente do club, Ramón García Seara.
20.00 h
No Teatro Principal, A Berberecheira presenta "Anatomía dunha serea", de Iria Pinheiro, dentro do FestAlegre.
20.30 h
Na Sala Malatesta, a concelleira de Igualdade, Desenvolvemento Económico e Turismo, Marta Lois, asiste á Gala de entrega de premios da undécima edición de Santiago(é)tapas.