Aquí pode consultar diariamente as previsións informativas da Corporación Municipal (comparecencias, roldas de prensa...)

Previsións informativas para o xoves 13 de decembro

11.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da voceira do grupo municipal do BNG, Goretti Sanmartín, sobre asuntos de carácter local.

11.30 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do voceiro do grupo municipal socialista, Paco Reyes, sobre asuntos de carácter local.

12.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da concelleira de Centros Cívicos, Concha Fernández, para presentar a ruada do Apalpador e a visita á rede de centros, dentro da programación de Nadal. Na rolda tamén estará Celtia Figueiras, de A Xanela do Maxín.

19.30 h
No Hostal dos Reis Católicos, o alcalde de Santiago, Martiño Noriega, preside o acto de entrega das Medallas de Ouro da cidade a Cantigas e Agarimos e a José Otero, e o título de Fillo Predilecto a Ramón Castromil.

19.45 h
Na Sala Mozart do Auditorio de Galicia, Conversando con… Paul Daniel, previo ao concerto da Real Filharmonía de Galicia.

20.30 h
No Auditorio de Galicia, "Música nas illas", concerto da Real Filharmonía de Galicia dentro do Programa de Abono. Dirixida por Paul Daniel e con Kari Krilkku, clarinete.

Compartir: