Previsións informativas para o martes 14 de marzo
10.15 h
No CEIP das Fontiñas, a concelleira de Políticas Sociais, Diversidades e Saúde, Concha Fernández, visita un dos grafitis resultado do programa de promoción do ocio alternativo "Muralismo en Compostela". Estará acompañada por un dos creadores.
11.00 h
Na Almáciga (rúa do Pino), o voceiro do grupo municipal socialista, Paco Reyes, e o concelleiro Gonzalo Muíños manteñen unha xuntanza cos veciños da zona. Declaracións ao comezo.
11.30 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da concelleira María Rozas para presentar o II Salón Caroutlet Motorocasión. Na rolda estará acompañada polo seu director, José Enrique Elvira.
12.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da concelleira de Deporte, Noa Morales, para presentar o XV Duatlón Cidade de Santiago. Na rolda estará o presidente do Club Triatlón Santiago, Óscar Fernández.
12.30 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do concelleiro de Medio Ambiente e Convivencia, Xan Duro, para presentar a nova área de xogos de Meixonfrío.