Previsións informativas para o martes 2 de febreiro
11.30 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do voceiro do grupo municipal do BNG, Rubén Cela, sobre asuntos de carácter local.
12.00 h
No TEATRO PRINCIPAL, ROLDA DE PRENSA da concelleira de Acción Cultural, Branca Novoneyra, para presentar as Festas de Entroido 2016.
12.30 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do voceiro do grupo municipal do PP, Agustín Hernández, sobre asuntos de carácter local.
19.00 h
En Salgueiriños (punto de encontro: diante de Facenda), o alcalde de Santiago, Martiño Noriega, reúnese con veciños do barrio.
19.30 h
No Auditorio (Sala Circular), o concelleiro de Espazos Cidadáns, Jorge Duarte, preside o segundo plenario do Pacto Local pola Mobilidade, centrado no transporte público. Actúa como ponente principal o director xeral do Consorcio de Transporte de Asturias, Carlos González Lozano.