Aquí pode consultar diariamente as previsións informativas da Corporación Municipal (comparecencias, roldas de prensa...)

Previsións informativas para o xoves 2 de xuño

11.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do voceiro do grupo municipal do BNG, Rubén Cela, sobre asuntos de carácter local.

11.30 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da concelleira de Desenvolvemento Económico, Marta Lois; do adxunto ao reitor para o emprendemento da USC, Manel Cotos; e do secretario da Asociación Área Empresarial do Tambre, Ramón Lois, para presentar o proxecto Spin&Up para a transferencia de coñecemento entre Universidade e Empresa.

12.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do voceiro do grupo municipal socialista, Paco Reyes, sobre asuntos de carácter local.

12.30 h
Na Casa do Concello, o alcalde de Santiago, Martiño Noriega, reúnese coa directora xeral de Plan International en España, Concha López. Declaracións ao remate.

13.00 h
Na Cidade da Cultura, a concelleira Marta Lois asiste á inauguración da exposición "Que faceres e equilibrio", de Sonia Navarro.

19.00 h
No Hostal, a concelleira de Políticas Sociais, Concha Fernández, asiste ao acto con motivo do XV aniversario do programa Acceder en Galicia da Fundación Secretariado Xitano.

20.00 h
Na Praza das Pratarías, concerto da Banda Municipal de Música dirixida por Casiano Mouriño Maquieira.

20.15 h
No Auditorio de Galicia, conversando con… Paul Daniel, Cristina Pato e Esther Viúdez, previo ao concerto que ofrecen ás 21.00h.

21.00 h
No Auditorio de Galicia, concerto da Real Filharmonía de Galicia con Cristina Pato para pechar a temporada de abono. Tamén os acompaña Esther Viúdez, corno inglés. Interpretan obras de J. Macmillan, O. Vázquez e P.I. Tchaikovski.

Compartir: