Aquí pode consultar diariamente as previsións informativas da Corporación Municipal (comparecencias, roldas de prensa...)
Previsións informativas para o domingo 17 de marzo
10.00 h
A alcaldesa de Santiago, Goretti Sanmartín, participa na andaina "O Berce do Sar: percorrendo o barrio de San Lázaro pola beira do río Sar", dentro do programa da Festa da Uña. Inicio: ponte na rúa das Fontes do Sar (a carón das piscinas).
12.00 h
No Teatro Principal, concerto da Banda Municipal de Música de Santiago en colaboración coa Xunta de Confrarías de Santiago de Compostela e a Semana Santa de Viveiro. David Fiuza dirixe a formación musical nun programa titulado 'Dende a espiritualidade' que inclúe obras de de Richard Wagner, Yasuhide Ito e Joaquín Turina.