Previsións informativas para o luns 11 de marzo
Nota: enviarase información sobre a Xunta de Goberno local
11.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA das concelleiras do grupo municipal socialista Mila Castro e Marta Álvarez.
11.30 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da concelleira de Deportes, Pilar Lueiro, para presentar a Gala do Deporte.
12.00 h
Na Praza do Obradoiro, minuto de silencio no Día Europeo en Memoria das Vítimas do Terrorismo con motivo do 20 aniversario dos atentados de Madrid onde faleceron 193 persoas.
17.00 h
No CSC Maruxa e Coralia, a alcaldesa de Santiago, Goretti Sanmartín, asiste ao encontro de presentación ‘Cultivar o Termo Feminista de Compostela’, dentro da campaña Construamos o termo feminista de Compostela con motivo do 8M, Día Internacional das Mulleres.
20.30 h
No Cersia, a alcaldesa de Santiago, Goretti Sanmartín, preside o Consello Económico e Social.