Aquí pode consultar diariamente as previsións informativas da Corporación Municipal (comparecencias, roldas de prensa...)

Previsións informativas para o mércores 8 de xuño

10.30 h
O alcalde de Santiago, Martiño Noriega, visita cos alumnos da Escola de Arte e Superior de Deseño Mestre Mateo a exposición urbana "A lingua, a arte da túa terra". Punto de encontro: xeneral Pardiñas con República Arxentina.

11.30 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do voceiro do grupo municipal socialista, Paco Reyes, sobre asuntos de carácter local.

12.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da concelleira de Desenvolvemento Económico e Emprego, Marta Lois, sobre o Foro da Innovación no Emprego.

12.15 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do concelleiro Rafael Peña para presentar o Circuíto de Salgueiriños da Xira Karting. Na rolda tamén estará Raquel González, directora de RGM Eventos, a empresa organizadora.

12.30 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do voceiro do grupo municipal popular, Agustín Hernández, sobre asuntos de carácter local.

20.30 h
No Paraninfo da Universidade, concerto de fin de curso dos alumnos do Curso Avanzado de Especialización Orquestral da Escola de Altos Estudos Musicais.

Compartir: