Aquí pode consultar diariamente as previsións informativas da Corporación Municipal (comparecencias, roldas de prensa...)

Previsións informativas para o xoves 30 de xuño

10.00 h
Na Casa do Concello, o alcalde de Santiago, Martiño Noriega, reúnese co embaixador de Turquía, Omar Onron.

11.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do voceiro do grupo municipal socialista, Paco Reyes, sobre asuntos de carácter local.

11.30 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do concelleiro de Educación e Cidadanía, Manuel Dios, para presentar Plan de obras de verán nos centros escolares.

12.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da concelleira de Turismo, Marta Lois, e da presidenta da Asociación Hostelería Compostela, Sara Santos, para presentar un novo proxecto de decoración das rúas para o verán.

12.30 h
No Salón Nobre do Pazo de Raxoi, o alcalde de Santiago, Martiño Noriega, preside o acto de homenaxe aos directores e profesorado dos centros de ensino público de primaria e secundaria de Santiago de Compostela que se xubilan este ano.

15.30 h
Na Facultade de Matemáticas, o concelleiro de Educación e Cidadanía, Manuel Dios, asiste á apertura do II Encontro galaico-portugués de Biometría.

16.00 h
O alcalde de Santiago, Martiño Noriega, visita, xunto coa ministra de Fomento, Ana Pastor, as obras do novo enlace de Conxo. Posteriormente, visitará o emprazamento dos novos accesos á Cidade da Cultura e a Santiago Centro desde a AP-9 e as do enlace do Polígono do Tambre. Punto de encontro: centro sociocultural Aurelio Aguirre de Conxo.

18.00 h
No Palacio de Congresos, o alcalde de Santiago, Martiño Noriega, asiste ao acto de recoñecemento aos mellores estudantes de Centros de Ensino Medio de Galicia, organizado pola USC.

20.00 h
Na Praza das Pratarías, concerto da Banda Municipal de Música dirixida por Casiano Mouriño.

20.00 h
No parque Eugenio Granell, concerto de Ultimate Painting e El Monstruo, para inaugurar o 'TerraZeando, Ciclo de Concertos ao fresco’.

20.30 h
No Teatro Principal, Teatro del Arte presenta ‘Luciérnagas’, sobre un texto de Carolina Román. Protagonizada por Carmen Gutiérrez, fede Rey e Jaime Reynolds.

Compartir: