Aquí pode consultar diariamente as previsións informativas da Corporación Municipal (comparecencias, roldas de prensa...)

Previsións informativas para o venres 3 de xuño

10.30 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do voceiro do grupo municipal socialista, Paco Reyes, sobre asuntos de carácter local.

11.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do concelleiro Rafael Peña para presentar o 2º día do Deporte Solidario, que terá lugar este sábado en Área Central.

11.30 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do voceiro do grupo municipal do BNG, Rubén Cela, sobre asuntos de carácter local.

11.30 h
No Auditorio de Galicia, o concelleiro de Medio Ambiente e Convivencia, Xan Duro, asiste á representación teatral sobre seguridade viaria "Road Show", dirixida a estudantes de 1º de Bacharelato.

12.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do alcalde de Santiago, Martiño Noriega, para dar conta dos asuntos tratados na Xunta de goberno local.

13.15 h
En Noia, o alcalde de Santiago, Martiño Noriega, participa na sinatura do protocolo entre os concellos de Muros, Outes, Noia, Porto do Son, Lousame, Rois, Brión, Ames e Santiago de Compostela para a promoción conxunta do "Camiño de Santiago pola rúa de Muros e Noia".

20.30 h
No Salón Nobre do Pazo de Raxoi, a concelleira de Políticas Sociais, Concha Fernández, recibe os participantes no III Congreso de Psicoloxía Profesional de Galicia "Camiños da Psicoloxía".

Compartir: