Aquí pode consultar diariamente as previsións informativas da Corporación Municipal (comparecencias, roldas de prensa...)

Previsións informativas para o mércores 18 de maio

11.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da concelleira de Políticas Sociais, Concha Fernández, para presentar unha nova edición de Trócame-roque e a campaña con motivo do Día Internacional contra a Homofobia.

11.30 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da concelleira de Desenvolvemento Económico, Marta Lois, sobre asuntos da súa área.

12.00 h
Na Alameda (praciña circular próxima á entrada por Porta Faxeira), ROLDA DE PRENSA do alcalde de Santiago, Martiño Noriega, e da concelleira de Acción Cultural, Branca Novoneyra, para presentar os actos con motivo do centenario da Irmandade da Fala de Santiago.

12.30 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do concelleiro do grupo municipal socialista, Gonzalo Muíños, sobre asuntos de carácter local.

20.30 h
No Teatro Principal, Antón Coucheiro presenta ‘Smart’. Con Marta Iglesias, Natalia Outeiro Pajarito e Akira Valero.

Compartir: